Preguntas frecuentes

Decembro 5, 2025

Recursos

Son novo no Mastodon e non sei por onde comezar

Aquí tes un pequeno titorial para dar os primeiros pasos

¿Cómo decido a qué servidor hei de apuntarme? ¿Qué consecuencias terá?

Cada servidor ten as súas propias regras: xestiónao unha persoa ou colectivo que é quen decide cómo se mantén, cómo se financia e qué criterios de moderación se aplican. En tódolos servidores hai un «Acerca de» que podes ler para decidires cal te conven.

Cando empregues o Mastodon, verás que, ademáis de ler o que publiquen as contas ás que segues, tes unha canle de contidos de mensaxes chamado «local» onde ves todo o que se estea publicando no teu servidor. Se te apuntas a un servidor centrado nun tema que che interese, ou que estea localizado na túa cidade, por exemplo, a canle de contidos local será valioso; se estás nun servidor xeneralista, probabelmente a túa canle de contidos local estará chea de cousas diversas que non sempre te interesan e non o mirarás nunca, quedarás só nas contas ás que segues. É dicir: os servidores son unha forma de crear comunidade, pero non é a única.

De calquera maneira, sempre poderás cambiar de servidor. Cando levas a tua conta a outro servidor, é doado e rápido trasladar os teus contactos (seguidas e seguidoras), pero non o teu arquivo de mensaxes, que se quedaran publicados no servidor antiguo se queres.

Algúns servidores recomendados:

Como acceder dende o meu ordenador ou móbil? 

Ordenador


Entra ao servidor directamente dende o teu navegador, por exemplo: https://masto.es/


  • Se es novx, pedirache crear unha conta cos teus datos

  • Se xa tes conta, terás que poñer os teus datos de acceso

Móbil


Entra ao teu navegador de confianza (Firefox, Chrome, Safari…)


  • Pedirache o nome do servidor onde tes a túa conta

  • Inicia sesión e xa está

Como buscar os perfís que forman parte dun servidor específico? 

Non se pode mostrar por temas de privacidade, pero o que sí podes é, consultando na cronoloxía, ver ás usuarias máis activas do teu servidor. Tamén podes probar abrindo unha páxina dun servidor para ver as publicacións máis populares, aínda que hai que ter en conta que isto depende da privacidade e da configuración do servidor.

Como buscar usuaries no Mastodon?

O nome de usuaries é parecido a unha dirección de correo.
Exemplo: usuarie@nomedoservidor.com


¿Hai algunha etiqueta ou norma da comunidade que cómpre coñecer?

Como en tódalas comunidades, o fediverso ten os seus códigos e as súas costumes, pero acouga, porque sobre todo a xente é bastante amábel e irás aprendendo pouco a pouco… Non obstante, estas tres parécennos especialmente interesantes:

  • Adoítase engadir texto alternativo (ALT) ás imaxes, que serve para describilas e facelas accesíbeis para persoas con dificultades de visión. Existe un bot marabilloso que te axuda a facelo: segue a @TeLoDescribot@masto.es e cada vez que subas unha imaxe sen ALT responderache cunha descripción xerada por IA.
  • Engádese «advertencia de contido» (ou «trigger warning») cando escribes sobre un tema sensíbel ou que poida resultar desagradábel ou traumático para outras personas. Para facelo, tes que clicar no triángulo que aparece debaixo da caixa onde se escriben os mensaxes. Así, o texto da túa publicación non se visualizará directamente e a xente que te segue poderá decidir se quere cargarlo ou non.
  • Hai persoas que borran as súas mensaxes pasado certo tempo. É unha forma de reducir a pegada dixital e dimínuir a carga dos servidores. No menú de axustes do teu perfil, tes unha opción de configuración para que aconteza automáticamente. Se o fas, podes especificalo na túa bio para que todo o mundo entenda por qué desaparecen as túas publicacións.

Como se describen imaxes para volver accesíbel as imaxes a usuaries con debilidade visual?

Como engadir descripción a unha imaxe no Mastodon:


  1. Ao redactar unha publicación, sube a foto ou ilustración

  2. Unha vez subida, verás un botón que di «Texto alternativo sobre a miniatura da imaxe»

  3. Fai clic alí e introduce un texto descritivo

  4. Garda → e publica

Consellos para escribir un texto que te axude

Se descritiva e concisa: explica o esencial daa imaxe


  • Describe o relevante: pensa que aporta a imaxe ao post

  • Menciona cores, ambiente ou estilo se son importantes

  • Evita fórmulas como “imaxe de…” porque xa se sabe que é unha imaxe

  • Usa frases completas, non só palabras soltas

Erros comúns 


Non repetir o texto do post no ALT. Non abusar de adxectivos innecesarios.  Non poñer só “foto” o “imaxe”. 


Pódese programar o borrado automático de toots?

Pódese! En editar perfil > Eliminación automática de publicacións 
Podes configurar que publicacións podes eliminar

Que son as listas e para que funcionan? 

Listas que engades dende o perfil das persoas e despois fas unha lista no teu. As listas son para engadir xente á que segues e ter temáticas. 

Procedemento: 

  1. Seguir ao perfil que queiras engadir á lista
  2. Ir ao perfil e dar click ao botón cos tres puntos -> engadir a listas 
  3. Na columna do lado dereito está a lista onde aparecerán os perfís engadidos nas listas correspondentes 

Que é Nota persoal? Qué é una mención privada?

Son mensaxes entre ti e outra persoa de maneira privada. Aconsellamos non enviar mensaxes con información privada porque a información está cifrada.


¿Qué ferramentas podo empregar para sacarlle máis partido ao Mastodon?

O fediverso é un ecosistema vivo, con multitude de proxectos para mellorar a tua experiencia. Aquí van algunhas recomendacións:

Moshidon Para móbil, en Android

Moshidon Playstore

OpenVibe Para móbil, en Android

OpenVibe para móbil, en Android

Se tamén estás en Bluesky, esta app que che permite consultar as túas contas de Bluesky e Mastodon á vez

Phanpy Para o navegador

Phanpy páxina oficial

Mastodeck

Mastodeck páxina oficial

Se botas de menos algo como Tweetdeck

Fediplan

Fediplan páxina oficial

Se queres programar publicacións

Analytodon

Analytodon páxina oficial

Como o Mastodon non ten un panel de estatísticas, para facer seguemento da evolución da túa conta

FediDB

FediDB páxina oficial

Se o que estás a buscares son as estatísticas totais do fediverso (canta xente úsao, cantas instancias hai, etc)

Plugin activitypub wordpress

Plugin activitypub

Se tes un blog con WordPress e queres que forme parte do fediverso, podes instalar este plugin


App do Mastodon

Como acceder dende o meu ordenador ou móbil?

  • Descarga a app de balde

  • Pedirache o nome do servidor onde tes a túa conta

  • Inicia sesión e xa está

Como poñer varias contas en la app? 

Entra ao teu perfil. Na versión móbil atoparás, na esquina inferior dereita, un círculo coa túa foto. Pulsa ata que apareza a opción «Engadir conta»


¿Quén paga todo isto?

O Mastodon está desenrolado por unha empresa sen ánimo de lucro con sede en Alemaña, que se financia grazas a doazóns e subvencións. Hai algúns servidores e proxectos de investigación financiados con orzamento público. O resto do fediverso funciona dentro dunha economía colaborativa e ás veces precaria: con donativos, entidades sociais e traballo voluntario. Se ti ou a túa organización podedes contribuir con tempo ou diñeiro, será moi benvido.


Migrar de servidor

Quero cambiar de servidor pero non sei como facelo ou como elixir un 

Pasos:

1. Crear conta no novo servidor
·

  • Rexístrate no servidor ao que queres mudar

  • Configura o teu usuario e confirma o teu correo

2. Configurar redirección dende a túa conta antiga


  • Entra na túa conta actual → Preferencias → Conta → Mudar a outra conta
·   
  • Alí porás o usuario da nova conta (por exemplo, @atúaconta@novoservidor.social)
·   
  • Isto pon un aviso no teu perfil antigo de que migraches e redirixirá ao novo perfil

3. Migrar seguidores 


  • Dende a túa nova conta, vai a Preferencias → Importar e exportar → Importar

  • Alí podes importar a lista de seguidores dende a túa vella conta 

  • A migración fai que os teus seguidores sígante no novo servidor de forma automática

4. Que se conserva e que non

(Si) Os teus seguidores trasládanse.
(Si) A túa vella conta queda redirixida á nova. 
(Non) As túas publicacións, likes e arquivos multimedia non migran

Cambio de servidor dende o móbil

Primeiro hai que facer unha conta noutro servidor, tal e como explicamos os pasos na segunda parte desta xanela. Despois terás que engadir a conta no teu dispositivo en Axustes (icona de engrenaxe) A migración deberase facer dende o navegador web (ordenador); non se pode facer dende a app.


Sobre as instancias

Que son as instancias?

Unha instancia é unha comunidade independente no fediverso.
O Mastodon e outras redes sociais do fediverso non son exactamente redes sociais, son tecnoloxías para que unha comunidade poida crear a súa propia rede social na súa propia infraestrutura; non existe un só mastodon, nin un só peertube; existen moitísimos «mastodons» en moitas instancias.
É parecido a como funciona un correo electrónico; gmail, por exemplo, sería un servidor, hotmail outro e o teu correo de empresa tamén sería un servidor; todos poden comunicarse a pesares de pertencer a empresas distintas

Por que o fediverso ten instancias?

As instancias é a maneira na que o fediverso logra manterse independente e pode financiarse.

Unha plataforma centralizada de redes sociais ten unha estrutura xerárquica onde as regras e a súa aplicación, así como o desenvolvemento e a dirección da plataforma, son decididas polo CEO.[…] Unha rede descentralizada cede deliberadamente o control ao propietario da plataforma, ao practicamente non telo. – Eugen Rochko, 30 de Decembro de 2018, “Por qué importa a descentralización?”

Cal é a diferencia entre unha instancia e un servidor?

Son o mesmo e úsanse de maneira intercambiábel neste contexto específico
Que utilidade ten cambiar de servidor?

Razóns principais para cambiar de servidor: 

Comunidade e afinidade temática:


  • Algúns servidores están especializados (ex. activismo social, arte, tecnoloxía, periodismo, ecoloxía…)
· 
  • Se publicas sobre activismo, estar nun servidor con esa orientación pode dar máis visibilidade orgánica porque a xente que entra xa vai en busca deses temas


Moderación e valores 

  • Cada servidor ten as súas regras e equipo de moderación

  • Se non che gusta como xestionan o teu (por exemplo, tolerancia a mensaxes de odio ou spam), podes mudarte a un que encaixe máis contigo


Estabilidade técnica 


  • Os servidores son xestionados por persoas/organizacións concretas. Algúns van máis fluidos, outros teñen caídas ou menos recursos

  • Cambiar de servidor pode mellorar a experiencia se notas que vai máis lento 


Identidade dixital

  • O teu usuario inclúe o dominio do servidor (ex: @nome@mastodon.social ou @nome@ecofediverse.net)

  • Mudarse tamén é unha forma de “categorizarse”: o dominio xa comunica afinidade cunha comunidade ou causa

¿Qué outras redes sociais hai no fediverso?

Probabelmente máis coñecidas son PeerTube, para compartires vídeos, e Pixelfed. Os blogues de WordPress poden ser parte do fediverso se lle engades o plugin necesario.